Carta Certificada

Antes de realizar o teu envío 

A carta certificada será a mellor opción para enviar documentos importantes ou que inclúan datos persoais.

  • Máxima seguridade: sabemos que os teus envíos son o máis importante e por iso deseñamos un sistema de identificación a través dun código de barras único para cada carta certificada.
  • Con garantías: no momento da entrega, o destinatario deberá asinar antes de recoller o seu envío. Se non puidésemos entregarllo, deixaremos un aviso na súa caixa de correo para que poidan ir recollelo á oficina máis próxima nun prazo de 15 días.
  • Pola túa tranquilidade: poderás seguir o teu pedido dende o noso localizador de envíos de forma gratuíta.
  •  Adaptado ás túas necesidades: o envío certificado está dispoñible para envíos nacionais e internacionais tanto de forma online coma dende as nosas oficinas.

Proba a opción de Carta Certificada Urgente para que a entrega sexa aínda máis rápida e chegue en tempo récord.

Ti elixes a embalaxe perfecta. Poñemos á túa disposición as seguintes medidas:

Como máximo:

  • Sobre ou caixa: Longo + Alto + Ancho = 90 cm, sen que ningunha supere os 60 cm.
  • Rolo ou tubo: Longo + dúas veces o diámetro = 104 cm, sen que ningunha supere os 90 cm.

Como mínimo:

  • Sobre ou caixa: 14 x 9 cm.
  • Rolo ou tubo: Longo + dúas veces o diámetro = 17 cm, sen que ningunha sexa inferior a 10 cm.

Se queres enviar algo máis pequeno, non te preocupes, só terás que engadirlle unha etiqueta de 10 x 7 cm na que apareza o enderezo e o franqueo.

Importante! Lembra que ningunha carta certificada pode superar os 2 kg.

A estas alturas, o teu envío estará case listo, só queda que nos digas onde queres que cho levemos:

  • É importante que os teus datos e os do destinatario sexan ben claro e visibles na embalaxe.
  • Se o teu envío é nacional, poderás ler “CERTIFICADO” na etiqueta que deberás situar na esquina superior esquerda do anverso do teu paquete.
  • No caso no que o teu envío sexa internacional, aparecerá “RECOMMANDÉ / CERTIFICADO” e “PRIORITARIO / PRIORITY” na etiqueta que se debe situar no mesmo lado. Podes xerar esta etiqueta e realizar o pagamento aquí mesmo.

Precisas saber algo máis? Aquí tes máis información sobre A Carta Certificada 

Durante o teu envío

Dálle nome ao teu envío dentro de “Mi Oficina.
Introduce os teus datos como remitente
Introduce os datos dos destinatarios do teu envío
Revisa o pedido e acepta as condicións
Realiza o pagamento do teu envío.

Dentro de Mi Oficina poderás xestionar o envío de todos os teus paquetes, cartas ou documentos. Poñémoscho doado e explicámosche todos os detalles a ter en conta antes de calquera envío.

Para comezar, poderás darlle un nome ao teu envío, para lembralo mellor e velo con facilidade dende o apartado “a Miña Conta”. Moi importante! Lembra que debes completar todos os datos obrigatorios para poder avanzar no proceso. Unha vez que o nome do teu envío estea listo, o seguinte será que indiques en que provincia nolo entregarás.

O seguinte será completar a información sobre o destinatario e as características do teu envío. Poderás completalo dende cero, importando un documento con destinatarios definidos ou, elixindo o destinatario de envíos anteriores. Os destinatarios definidos son aqueles contactos habituais que podes rexistrar na plataforma. O noso obxectivo con Mi Oficina é que a xestión dos teus envíos sexa máis doada e rápida.  Tes dúbidas? Descubre como importar un ficheiro ou recuperar destinatarios.

Mantemos os teus destinatarios sempre informados dos teus envíos! Para que poidamos facelo, debes facilitarnos o seu email ou número de teléfono. Tamén será necesario que nos contes con detalle que contén o envío, se é ou non mercadoría, se inclúe factura, certificados ou licenzas, cal é o seu valor e que queres que fagamos con el en caso de non poder realizar a entrega.

Ti elixes a cobertura total dos teus envíos. Por iso, poderás solicitar os seguintes servizos adicionais para que o teu envío sexa aínda máis completo:

  • Valor declarado: Aplicable a cada envío, calcúlase como unha porcentaxe do valor da mercadoría.
  • Reembolsos: Recibe o cobramento do teus envíos dunha forma máis segura, sinxela e fiable. Reembolsarémosche a cantidade abonada previamente polo destinatario e que aparece no envío.
  • Aviso de recibo: confirmaremos a entrega por escrito para que quede constancia de cando e quen recibiu o teu paquete.
  • Proba de Entrega Electrónica (PEE): un xustificante dixital da entrega certificada.

Cando completes todas as características do teu envío, poderás exportar todos os datos a un ficheiro ou ao teu email para usalo en futuros envíos e que o proceso sexa aínda máis cómodo. Lembra sinalar o destinatario na lista de envíos.

Unha vez que remates todo o proceso, xerarase un resumo final, no que poderás revisar todos os datos que nos proporcionaches, como son a información do destinatario ou consultar o prezo total dos teus envíos. Neste paso poderás ademais modificar os datos do emisor, e aplicalos a un paquete concreto ou a todo un conxunto de envíos. Finalmente poderás ver os custos de cada envío e os servizos adicionais que elixises.

Posteriormente, deberás aceptar as condicións de uso comercial dos datos que nos deses para finalizar o proceso.

Atención! Aínda que non é habitual neste tipo de servizos, nalgunhas ocasións encontrarás códigos promocionais para rebaixar o custo do teu envío. Deberás introducilos antes do pagamento.

Se precisas continuar co proceso de envío noutro momento, non hai ningún problema, fai clic en “concluír máis tarde” para gardar todos os datos do envío e rematalo cando poidas.

Atención! Aínda que non é habitual neste tipo de servizos, nalgunhas ocasións encontrarás códigos promocionais para rebaixar o custo do teu envío. Deberás introducilos antes do pagamento.

Se precisas continuar co proceso de envío noutro momento, non hai ningún problema, fai clic en “concluír máis tarde” para gardar todos os datos do envío e rematalo cando poidas.

En canto aos métodos de pagamento que verás a continuación, son comúns a todos os usuarios:

  • Pagamento con tarxeta de crédito/débito. Se elixes esta opción redirixirémoste ao túnel de pagamento seguro coa entidade bancaria.
  • Pagamento con PayPal. Poderás pagar con calquera dos métodos asociados a PayPal de forma rápida e segura.

Se xa estás rexistrado en Correos e es un cliente con contrato, poderás engadir o pagamento a un contrato, de maneira que facturaremos o envío coas condicións establecidas neste.

En caso de que elixises pagar con tarxeta ou PayPal, poderás pedir a túa factura durante o pagamento.

Unha vez remates o proceso de pagamento levaráseche a un último paso para que confirmes os datos de referencia do envío, o seu localizador e os destinatarios aos que se envía. Ti elixes entre estas tres opcións como recibir esta información

  • Imprime unha versión do resumo da túa compra.
  • Facilítanos o teu enderezo de email para recibir os datos na túa bandexa de entrada ou podemos enviarllo a outra persoa, se o prefires.
  • Recibe un arquivo de texto que inclúe todos os detalles da túa compra.

Despois de realizar o teu envío

Dende Correos queremos axudarte mesmo unha vez que realices o teu envío.

Cita previa
Localiza oficinas, caixas de correo e Citypaq
Formulario de Oficinas
Localiza o teu envío