Paquete Internacional Económico

Antes de realizar o teu envío 

Queres enviar un paquete ao estranxeiro do xeito máis accesible? O Paquete Internacional Económico é a opción ideal:

  • Mellor prezo: poñemos á túa disposición as mellores tarifas para os teus envíos internacionais.
  • Maior seguridade: só realizamos a súa entrega a domicilio e baixo sinatura do destinatario.
  • Pola túa tranquilidade: todos os envíos contan cunha ampla cobertura internacional para que poidas estar tranquilo. 
  • A todas partes: sempre que o país de destino o permita, poderás enviar o teu paquete internacional económico case a calquera parte do mundo. 

Ti elixes a embalaxe perfecta! Temos unha gran variedade de produtos que se adaptan ás túas necesidades, tanto en nosa Tenda Online como nas nosas oficinas.

Só che pedimos un favor! Precisamos que o tamaño do teu envío se adapte a estas medidas:

Como máximo:

  • Caixa: Longo + Alto + Ancho = 200 cm, sen que ningunha supere os 105 cm.
  • Rolo ou tubo: Longo = 100 cm e Diámetro = 15 cm.

Como mínimo:

  • Sobre ou caixa: 14 x 9.
  • Rolo ou tubo: Longo + dúas veces o diámetro = 17 cm, sen que ningunha medida sexa inferior a 10 cm.

Se queres enviar algo máis pequeno, non te preocupes, só terás que engadirlle unha etiqueta de 10 x 7 cm na que apareza o enderezo e o franqueo.

Importante! Lembra que ningún paquete supere os 30 Kg de peso real.

O peso volumétrico xa o calculamos nós.

Lembra! Os teus datos e os do destinatario deben estar nun lugar visible sobre a embalaxe. 

Se queres axilizar aínda máis o trámite, podes xerar a etiqueta de envío e o pagamento dende o teu ordenador ou móbil.

O seguinte será que nos indiques cal é o país de destino:

  • Zona A: Europa próxima.
  • Zona B: Resto de Europa, Norte de Magreb.
  • Zona B2: Albania, Alxeria, Bielorrusia, Bosnia Hercegovina, Islandia, Macedonia, Marrocos, Rusia, Serbia, Tunisia, Turquía e Ucraína.
  • Zona C: América.
  • Zona D: Asia, Oriente Medio e Oceanía.
  • Zona D2: Australia e Nova Zelandia.
  • Zona E: África.

Importante! Lembra que estes envíos non se poden dirixir nin a Apartados Postais nin a Lista de Correos.

Coñece máis sobre o Paquete Internacional Económico

Durante o teu envío

Dálle nome ao teu envío dentro de “Mi Oficina.
Introduce os teus datos como remitente
Introduce os datos dos destinatarios do teu envío
Revisa o pedido e acepta as condicións
Realiza o pagamento do teu envío.

Dentro de Mi Oficina poderás xestionar o envío de todos os teus paquetes, cartas ou documentos. Poñémoscho doado e explicámosche todos os detalles a ter en conta antes de calquera envío.

Para comezar, poderás darlle un nome ao teu envío, para lembralo mellor e velo con facilidade dende o apartado “a Miña Conta”. Moi importante! Lembra que debes completar todos os datos obrigatorios para poder avanzar no proceso. Unha vez que o nome do teu envío estea listo, deberás elixir como queres preparar o teu burofax e especificar o seu contido. Para preparalo, podes achegar un documento que xa tiveses listo ou ben redactalo no momento de forma online. Se elixes esta última opción, non esquezas facer clic en “Visualizar” para que poidamos proceder co envío.

O seguinte será completar a información sobre o destinatario e as características do teu envío. Poderás completalo dende cero, importando un documento con destinatarios definidos ou, elixindo o destinatario de envíos anteriores. Os destinatarios definidos son aqueles contactos habituais que podes rexistrar na plataforma. O noso obxectivo con Mi Oficina é que a xestión dos teus envíos sexa máis doada e rápida.  Tes dúbidas? Descubre como importar un ficheiro ou recuperar destinatarios.

Unha vez que chegues ata aquí e se decides escribir o teu Burofax directamente en Tu Oficina, poderás editar o formato e utilizar diferentes tipos de deseños que se axusten ás necesidades da túa comunicación. Poderás utilizar distintas fontes e diferentes etiquetas que substituirán os datos proporcionados no paso anterior cando visualices o contido.

Ti elixes a cobertura total dos teus envíos. Por iso, poderás solicitar os seguintes servizos adicionais para que o teu envío sexa aínda máis completo:

  • Aviso de Recibo: Confirmámosche por escrito a entrega do teu documento telegráfico para que quede constancia tanto da persoa que o recibiu como da data e hora da recollida
  • Copia certificada: Como remitente, quede cunha copia autenticada da súa comunicación enviada por Burofax ou Telegrama. Pode solicitar este servizo no momento da imposición do envío ou posteriormente. Con validez legal fronte a terceiros
  • Custodia de 60 e 120 meses: Solicita que gardemos o teu envío durante máis tempo, dende 60 a 120 meses, por se durante ese prazo necesitas pedirnos unha certificación de contido
  • Proba de Entrega Electrónica (PEE): Xustificante dixital da entrega certificada.

Cando completes as características do teu envío, poderás exportar todos os datos a un ficheiro ou ao teu email para usalo en futuros envíos e que o proceso sexa aínda máis cómodo. Lembra sinalar o destinatario na lista de envíos. Non o esquezas! Se importaches un ficheiro con varios destinatarios, cada burofax só poderá conter un deses destinatarios xa que se tratará dunha notificación persoal.

Cando remates todo o proceso xerarase un resumo final no que poderás revisar todos os datos que nos proporcionaches. Neste paso poderás modificar calquera dos datos que tiveses introducido.

Se precisas continuar co proceso de envío noutro momento, non hai ningún problema. Fai clic en “concluír máis tarde” para gardar todos os datos do envío e rematalo cando poidas.

Atención! Aínda que non é habitual neste tipo de servizos, nalgunhas ocasións encontrarás códigos promocionais para rebaixar o custo do teu envío. Deberás introducilos antes do pagamento.

Se precisas continuar co proceso de envío noutro momento, non hai ningún problema, fai clic en “concluír máis tarde” para gardar todos os datos do envío e rematalo cando poidas.

En canto aos métodos de pagamento que verás a continuación, son comúns a todos os usuarios:

  • Pagamento con tarxeta de crédito/débito. Se elixes esta opción redirixirémoste ao túnel de pagamento seguro coa entidade bancaria.
  • Pagamento con PayPal. Poderás pagar con calquera dos métodos asociados a PayPal de forma rápida e segura.

Se xa estás rexistrado en Correos e es un cliente con contrato, poderás engadir o pagamento a un contrato, de maneira que facturaremos o envío coas condicións establecidas neste.

En caso de que elixises pagar con tarxeta ou PayPal, poderás pedir a túa factura durante o pagamento.

Unha vez remates o proceso de pagamento levaráseche a un último paso para que confirmes os datos de referencia do envío, o seu localizador e os destinatarios aos que se envía. Ti elixes entre estas tres opcións como recibir esta información

  • Imprime unha versión do resumo da túa compra.
  • Facilítanos o teu enderezo de email para recibir os datos na túa bandexa de entrada ou podemos enviarllo a outra persoa, se o prefires.
  • Recibe un arquivo de texto que inclúe todos os detalles da túa compra.

Despois de realizar o teu envío

Dende Correos queremos axudarte mesmo unha vez que realices o teu envío.

Cita previa
Localiza oficinas, caixas de correo e Citypaq
Formulario de Oficinas
Localiza o teu envío